luns, 12 de marzo de 2018

Celebramos o Día da Muller

Esta semana tivemos a sorte de contar coas irmás, nais, avoas e bisavoas do noso alumnado no centro. Non só nos demostraron que son capaces de aprendernos moitas cousas, tamén nos fixeron pasar momentos inesquecibles co gancho, coa música, contando contos, facendo repostería, coas súas historias.... Dende este espazo, queremos mostrarlles o noso agradecemento e cariño, xa que sen elas, a vida non sería o mesmo. Esperamos poder seguir contando con todas vós e coas vosas experiencias e consellos; nós estaremos encantado de volver a recibirvos.

E para que vexades o ben que o pasamos aquí vos deixamos uns exemplos




Aquí vos deixamos unha pequena mostra do fíado de lá coa avoa de Samuel e Diego.

 

 Andrea e a súa irmá Sandra amenizaron este día tan especial coa súa música.

 

A avoa de Emma agasallounos con este marabilloso conto.






Ningún comentario:

Publicar un comentario