martes, 6 de marzo de 2018

A brigada contra incendios visita a Falconteca

Esta semana, visitounos a brigada contra incendios e despois dunha pequena formación na biblioteca, na que nos explicaron a importancia de evitar os incendios nos montes e de cómo facelo, ademais de coñecer a fauna e a flora que nos arrodea, fixéronnos unha demostración práctica dos seus cometidos na loita contra os incendios.

Os nosos alumnos, tamén tiveron a oportunidade de subir as motobombas, e sentirse bombeiros por un día.


Ningún comentario:

Publicar un comentario