luns, 5 de febreiro de 2018

Lip dub polo Día da Paz


Estamos moi contentos de mostrarvos o "lip dub" que estivemos a preparar durante o mes de xaneiro para conmemorar o Día da Paz.Ten como fío condutor a canción "Yo contigo, tú conmigo" de Álvaro Soler e Morat, posto que esa é a mensaxe que queríamos transmitir: todo é posible traballando en equipo. Todo o centro traballou moi duro, preparando a posta en escena, realizando camisetas e ensaiando sen parar para que quedara o mellor posible. E como non podía ser de outro xeito, a biblioteca e os nosos voluntarios tamén teñen o seu papel neste vídeo. Agradecer como sempre a implicación de todos os profes e os seus alumnos, polo seu marabilloso traballo, e en especial, a Jairo e Alba pola organización e por facernos pasar uns momentos tan divertidos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario