mércores, 5 de abril de 2017

Os nosos voluntarios visitan o Centro de Maiores San Xoan

Despois de semanas de ensaio, e tras decidir que libros eran os máis axeitados, os nosos voluntarios de lectura realizaron unha visita ao Centro de Maiores San Xoan para recitar un pouquiño de poesía. Algúns dos autores escollidos polos nosos alumnos foron Manuel María, Gloria Fuertes, Rosalía de Castro, Fran Alonso.... Foi unha experiencia marabillosa na que ademais de poesía tiveron tempo para conversar animadamente e ata para coñecer a algún parente ou viciño. Aquí vos deixamos unha mostra desta fantástica experiencia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario