xoves, 23 de marzo de 2017

Semana da Poesía con Gloria Fuertes

Un pequeno reflexo do que os nosos voluntarios prepararon para conmemorar a Semana da Poesía: elexiron a autora homenaxeada (Gloria Fuertes), os versos que os seus compañeiros tiñan que memorizar atendendo á diversidade do noso alumnado; traduciron ó galego algunha das contrasinais, repartíronse os cursos e estableceron quendas para preguntar as contrasinais tanto no recreo da mañá como no da tarde, e finalmente elexiron e elaboraron os agasallos. Bo traballo, rapaces!

Ningún comentario:

Publicar un comentario