martes, 19 de decembro de 2017

Recomendacións lectoras

Xa contando os días para desfrutar dunhas máis que merecidas vacacións de Nadal, aquí vos deixamos unhas recomendacións lectoras para que entre turróns, mazapáns e panxoliñas reservedes un oco para a lectura. Aproveitade para que vos conten esas historias que tanto vos gustan, para lerlles aos avós, aos irmáns ou aos vosos amigos... pero tamén reservade un momentiño para desfutar do voso libro favorito. Dende o Equipo da Biblioteca, desexamos que pasedes un moi bo Nadal e esperámosvos á volta!



domingo, 12 de novembro de 2017

Celebramos o Magosto!!!

Que ben o pasamos celebrando o magosto con todos os nenos, mestres e pais e nais que decidiron acompañarnos!. Pasamos unha xornada moi divertida participando nos xogos que nos propuxo Jairo: encestar a castaña, conducila por un circuito, o equilibrista, a mariola.... e non podía faltar un mural colaborativo sobre o magosto! Para rematar unha tarde tan divertida, compartimos unhas castañas e risas! Aqui vos deixamos unha mostra desta xornada. Moitas grazas a todos e todas pola vosa participación e implicación!

venres, 3 de novembro de 2017

Celebrando o Samaín na Falconteca

Durante a última quincena de outubro estivemos moi atarefados na Falconteca: preparando o día das bibliotecas, elexindo os libros das mochilas viaxeiras, formando aos novos voluntarios.....
E xa os temos traballando a pleno rendemento!

Prepararon un taller de vaciado de cabazas e axudaron a todos os seus compañeiros a vaciar e a decorar a súa cabaza, o que tamén nos deu pé para estrear un novo espazo: a nosa ludoteca, onde realizaremos obradoiros, xogos de mesa, traballos en equipos.... e todas aquelas actividades que vaian xurdindo sus ceptibles de ser realizadas neste espazo.

Tamén se adicaron a adornar tanto a ludoteca como a biblioteca, a preparar agasallos para agradecer o traballo dos seus compañeiros e a preparar un photocall onde o alumnado disfrutou dunha xornada terroríficamente divertida de Samaín.

Dende o Equipo da Biblioteca, non podemos máis que agradecer o traballo do profesorado implicado, dos alumnos por participar tan activamente de todo o que lles propoñemos e dos nosos voluntarios da biblioteca, sen os que nada de todo isto sería posible.


mércores, 25 de outubro de 2017

Celebramos o día das Bibliotecas!

Onte foi un día intenso onde dimos a coñecer aos novos voluntarios da biblioteca, o proxecto para este novo curso e repartimos as mochilas viaxeiras.

Aquí vos deixamos imaxes deste día tan estupendo.







martes, 24 de outubro de 2017

Proxecto Documental. Os castrexos

Este ano voltaredes a ser grandes investigadores e xunto cos vosos mestres e mestras, adentrarémonos no marabilloso mundo dos castrexos.

Ao longo do curso daremos resposta a preguntas como: Como se descubriu o castro de Viladonga? Como vivían os castrexos?, cales eran os seus costumes e as súas afeccións? Como se vestían e a que se adicaban? Cales eran as súas crenzas?.

Ao finalizar o curso e con todo o material elaborado crearemos un museo - exposición con todas as vosas creacións e investigacións.

Así pois moito ánimo a todos!!

Dona Leo


PRESENTACIÓN DOS VOLUNTARIOS

Voltamos un ano máis, con enerxía, ilusión e con moitas ganas de traballar. 
Para comezar, aquí vos deixamos un vídeo de presentación dos nosos voluntarios que a partires da mañán estarán a vosa disposición nos recreos da mañá e da tarde e que xa teñen en marcha moitísimas actividades para compartir con todos vós.


domingo, 18 de xuño de 2017

Obradoiro Charo Pita







Fai uns días, os nosos voluntarios recibiron a visita de Charo Pita como recoñecemento a súa labor na biblioteca durante este curso. Impartíronlles un obradoiro de expresión e narración oral e escrita e como podedes comprobar pasáronno en grande.

Non temos máis que palabras de agradecemento para Charo, pola súa enerxía e a súa alegría. Aprendemos moito e non dubido que os nosos voluntarios poñerán en práctica todos os consellos recibidos para converterse en contadores de historias. Tamén aproveitamos para agradecer á Asesoría de Bibliotecas o seu recoñecemento ao traballo dos nosos voluntarios e darnos a oportunidade de disfrutar dunha xornada tan marabillosa como esta.